Escola de Inverno

Poñemos a tu disposición nuestra planificación y hoja de inscripción

Se o que andas a buscar son clases de surf, esta é a túa escola; ondas todo o ano e subministrámosche todo o material que precisas.

Durante todo o ano Pantín Surf Camp ofrece dende cursos de iniciación ata escola de perfeccionamento e competición. Unha escola con clases á túa medida, xa que cada monitor escolle a praia que máis lle convén ao seu grupo e... a surfear. Sesións de videocorrección, sesións fotográficas, adestramento físico, visualización de vídeos, normas de competición, etcétera.

Ademais, se o teu é a competición, sempre terás un dos nosos técnicos seguindo contigo o Circuito Galego... e o que faga falta.Lembra que cada vez é meirande o número de federacións que consideran imprescindible a presenza de técnicos de nivel 1 en campionatos de surf acompañando aos competidores.

Durante o inverno ofertamos o transporte ata a praiapara que deste xeito non teñas que cavilar en que praia é a mellor para as túas aptitudes surfistas. O monitor escolleraa segundo as condicións meteorolóxicas, e así estará garantida a túa seguridade e as mellores ondas para a práctica do surf conforme ao teu nivel.

Pantín Surf Camp conta cun amplo abano de material que permite a todos os alumnos gozar das ondas independentemente do seu nivel: táboas de iniciación para os primeiros días e excelentes táboas rápidas para cando adquiras a suficiente habilidade, sempre avanzando e conseguindo que mellores o teu nivel de surf.

Na actualidade, Pantín Surf Camp está a formar un equipo de competición para o Campionato Galego de Surf.

Para obter máis información acerca de competicións e campionatos: Federación Galega de Surf, Federación Española de Surf e Asociación de Surfistas Professionais:





Ademais contamos cun servicio de fisioterapia profesional con tarifas especiais para todos os alumn@s e staff técnico de Pantín Surf Camp:

Fisio Aullón

Mapa de olas

Previsión de olas en el atlántico norte

Copyright © Pantín Surf Camp | Todos os dereitos reservados| Praia de Pantín TLF : 667 21 54 45 | mail: info@pantinsurfcamp.com