Os nosos monitores atesouran anos de experiencia; con titulacións da Federación Galega de Surf e especialistas en Salvamento e Socorrismo acuático, levan lustros desenvolvendo a súa labor coma monitores e socorristas na praia de Pantín.
Esta experiencia, xunto coa beleza deste labor, fai que sempre teñan un sorriso nos beizos e que tomen este traballo coma unha oportunidade única de gozar da súa afección favorita converténdoa no seu traballo.
Todos eles, especializados nun tipo de cliente (iniciación, perfeccionamento, competición), satisfarán as túas necesidades.
Ademais, poderás gozar con eles de actividades paralelas ou compartir momentos de festa; en Pantín Surf Camp garantimos a diversión dentro e fóra da auga. Aquí tedes un pequeno perfil de cada un deles para que os vaiades coñecendo.
Wasi é o bicampión local de Pantín, polo que sobran as palabras. En dous campionatos épicos converteuse no gañador, acadando dese xeito o seu pase para o Wilcard do Pantín Classic. Se no 2008 a armou gorda, que fará no Pantín Classic 2009? Xa o veredes e, se tedes sorte, daravos clases. Moito olliño cos seus aéreos.
Wasi non é tan só o mellor surfista local, é tamén un crack do motocross e, por se non fose dabondo, un home cosmopolita e viaxeiro. Rapazas, a que agardades...?
É o máis viaxeiro dos nosos monitores. Poderá contarche milleiros de historias de viaxes. É ademais amigo de todos e para todos, aproveita a súa sabedoría.
Ivano leva dous anos armándoa no campionato local de Pantín con disfraces chulísimos. Se che da clase quizais te sorprenda cun deles!!!
Javiondo, un clásico Básico, un “paipeiro” de toda a vida que por fin se pasou ao surf. Nos seus anos de socorrista en Pantín acumulou unha longa experiencia no mar. Por se fose pouco, é o monitor especialista nos máis novos
Tamén podes ir de festa con el, e ata pode que te enrede para sacar un trono na Semana Santa. Todos temos un lado oculto!!!
Samuel no es un monitor más, sinó que es además uno de los máximos responsables del Camp, el se encarga de la dirección administrativa del camp.
Un dos capitáns do barco Pantín Surf Camp, con máis de 5 anos de experiencia nisto de dar clases de surf en Pantín. É tamén o encargado de guiar o rumbo deste novo cruceiro Pantín Surf Camp.
Ademais, Marcos encárgase de amenizar as vodas cunha pinga de... flamenco?